Оригинален текст
Diante do espello bailo rock&roll,
na praza do Obradoiro xa oio a Berenguela,
e teño que ir a Herbón a mercar pementos,
e adestrar un caracol para o próximo gran premio.
Na escaleira da Quintana fumo mariguana,
e ás festas de Soutelo fun tocar a gaita,
tamén fun a Ortigueira a bailar a muiñeira,
e na Guadalupe canto a Rianxeira.
..........ié-ié
E nas eleccións eu non fun votar,
quedeime durmido de tanto pensar,
e aínda teño os michos sen bautizar,
e o meu pequeno bonequiño sen enterrar.
E papei tantos queixos na feira de Arzúa,
que despois quedei durmido no diván do psiquiatra,
e tamén perdín á brisca cun extraterrestre,
que habita en Aríns e chámase Silvestre.
..........ié-ié................................................................................
Bailei o twist coa miña chica ye-ye,
xoguei ó futebol con Pelé,
e fun a Manhattan agochado nun pipote
a tocar con Woddy Allen o clarinete.
Camiñei descalzo sobre o mar,
con tinta de lura fixen un poema,
e tireime pola fiestra para me suicidar,
e cando ía polo aire,
, !merda!,
, aprendín a voar.