Оригинален текст
Amence paseniño nas terras do solpor
as brétemas esváense coas raiolas do sol
Meu amor, meu amor, imos cara o maior
miña amada, meu ben, imos polas terras do alén
Acariña o silencio e escoita o corazón
que moitos dos teus soños latexan ao seu son
E tempo de camiño andar e de non esquecer
que o futuro que ha de vir é o que has de facer
E o sol vai silandeiro deitándose no mare
facéndonos pequenos con tanta inmensidade