Оригинален текст
Mil berros na rúa
morte nas nosas rías
mil voces unidas
os cartos asasinan (x2)
Saír á rúa
a defende-la terra
do caciquismo e da especulación
Convencido de non dar media volta
anque a súa violencia nos intente silenciar
Unidos todos ante este asasinato
da identidade e da forma de vivir.
Avanzaremos cara a un novo modelo
con apoio mutuo, podemos resistir, en pé!
Mil berros na rúa
morte nas nosas rías
mil voces unidas
os cartos asasinan (x2)
Usando rías coma vertedoiros
e talando bosques
pra facer campos de golf
Sóio pedimos, vivir en terra viva
e unha vida digna
pra podela traballar
Canto tempo máis teremos que aguantar?
Canto tempo vai a pasar?
Canto tempo máis teremos que aguantar?
Sái á rúa a berrar
Mil berros na rúa
morte nas nosas rías
mil voces unidas
os cartos asasinan (x2)
Cos vosos cartos
queredes merca-lo céo
e vendernos o aire
para poder respirar.
E nós loitamos
por defende-la idea
de que A TERRA NON SE VENDE!
NON SE PODERÁ MERCAR!
Mil berros na rúa
morte nas nosas rías
mil voces unidas
os cartos asasinan (x2)
Mil berros na rúa
morte nas nosas rías
mil voces unidas
e 2000 policías