Оригинален текст
(discurso de A Pasionaria)
As feridas cicatrizan
fisicamente xa non te doen
pero sempre queda marca
na túa pel e no corazón
A memoria é a historia
da nosa xente, do noso pobo
moito máis alá dos libros
que os gañadores puideran escribir
Era tempo de esperanza
de ve-la terra colectivizada
educar en igualdade
e compromiso popular
Era tempo de vitoria
era o momento do cambio
en busca dun mundo máis xusto
e doutra forma de repartir
Saía o sol de pronto
ante a humanidade
pero aquel tempo mudou
Negras tormentas
e nubes escuras nos aires
afogaron a revolución
Resistencia guerrilleira
plantando cara ó inimigo
foron milleiros de almas
que non debemos esquecer
Unha longa noite de pedra
corenta anos de escuridade
despois chegou a "democracia"
e os asasinos seguen hoxe no poder
O sentimento dun pobo
ferido e torturado
segue aumentando o rencor
Por máis que digan
que aquelo foi cousa do pasado
aínda sentimos a dor
Non esquecer a tantos mortos
que nos deron lumbres
non esquecer aquel sol
E así colle-los seus fachos
e prende-la fogueira
daquela revolución